Tuesday 17 de September de 2024

Publicadas as listaxes provisionais das subvencións para comedores escolares


Unha vez finalizados os prazos ordinarios e extraordinario para a súa presentación e tras a reunión da Comisión de valoración, publicouse a listaxe co estado das solicitudes das prestación de apoio para comedor escolar do próximo curso 2024/2025. O vindeiro luns abre un prazo de 10 días hábiles para a subsanación de erros, que finalizará o día 30 de agosto (inclusive).

As persoas beneficiarias destas axudas comezarán a percibilas desde o inicio de curso. As subvencións cubrirán o 100 %, o 60 % ou o 40% do custo do comedor, en función da renda familiar de cada neno ou nena.

Ante calquera dúbida ao respecto é posible dirixirse ao departamento de Servizos Sociais.

LISTAXE: https://www.oleiros.org/documents/39407/0/PUBLICACION+LISTADO+ESTADO+SOLICITUDES+COMEDOR+ESCOLAR+2024-2025_asinado….pdf/f3302e83-ffac-19a6-52f9-fc6e70778571?t=1723811375381